A Deputación apoia o novo Galicia Fest, que chega en agosto ao Porto de Vigo coa vocación de ser un referente no circuíto de festivais musicais galegos

A vicepresidenta Luisa Sánchez asegurou que “sendo vicepresidenta dunha administración coa marca Rías Baixas Fest e que apoia moitos outros festivais, e como viguesa, non podía consentir que non apoiásemos ningún festival na miña cidade”

29/05/2025

Luisa Sánchez

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este xoves en Vigo na presentación oficial do Galicia Fest, unha iniciativa enmarcada nos Concertos do Xacobeo que se desenvolverá no Peirao de Trasatlánticos do Porto de Vigo os días 29 e 30 de agosto coa colaboración da institución provincial. Luisa Sánchez lembrou que a Deputación conta coa marca Rías Baixas Fest e patrocina e apoio diversos festivais por todo o territorio provincial tanto dentro como fóra desta marca, “pero como viguesa non podía consentir que non apoiase ningún festival na miña cidade”.

A vicepresidenta provincial puxo en valor que “estamos patrocinando este novo festival que nace con vocación de permanencia e coa intención de se converter nun referente do circuíto nacional de festivais de formato medio, e de converterse nun grande evento musical do verán en Vigo coa música indie pop e o pop alternativo como sinais de identidade”. Galicia Fest terá capacidade para acoller 6.000 persoas e traerá ata Vigo “moitas horas de música con bandas e artistas que acumulan centos de miles de seguidores e de escoitas nas plataformas”, cun cartel composto por “un elenco difícil de igualar no panorama pop nacional”.

Entre os 15 artistas salientan o único concerto que ofrecerá Beret este ano en Galicia, ou unha das paradas que ofrecerá Leire Martínez na súa xira en solitario trala saída como vocalista de La Oreja de Van Gogh. O cartel, a falta de coñecer as dúas cabezas, complétano Dorian, Fredi Leis, Hey Kid, La Habitación Roja, Maldita Nerea, Marlon, Samurai, Sexy Zebras, Éxtasis, Noan e Paula Koops. “Atractivos máis que suficientes como para suscitar moito interese entre o público mozo e de mediana idade de Vigo e de toda a provincia”, valorou Sánchez.

A vicepresidenta provincial agradeceu o Porto de Vigo “pola disposición e as facilidades para que a cidade poida acoller eventos desta índole, unha proba máis do que gaña Vigo grazas á colaboración institucional”. “O porto acolle este evento e agasállao cunhas vistas marabillosas que son un ingrediente máis do festival”, unha cita, sinalou a vicepresidenta, “que é música pero lle dá un plus á experiencia do público grazas á súa localización e a súa proximidade ao mar”. Sánchez tamén puxo en valor o papel da Xunta de Galicia en Vigo “para facer realidade este evento, que sen o Xacobeo non sería posible”. A vicepresidenta personalizou estes esforzos na delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o seu equipo: “foron unha peza clave porque non é doado traer concertos a esta cidade, pero investiron moitas horas para que a Xunta patrocine este festival e para que a nosa cidade recupere este tipo de actuacións musicais”.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":13107713,"groupId":"37861","name":"20250707_luisa_sanchez_galicia_fest.jpg","alt":"Luisa Sánchez anuncia a incorporación de Mikel Izal ao Galicia Fest ","title":"20250707_luisa_sanchez_galicia_fest.jpg","type":"document","uuid":"10dbdc01-1b72-4e38-06a7-325f29b3fa54","fileEntryId":"13107713","resourcePrimKey":"13107728"}

Luisa Sánchez anuncia a incorporación de Mikel Izal ao Galicia Fest patrocinado pola Deputación de Pontevedra

  07/07/2025

{"classPK":12962607,"groupId":"37861","name":"20250609_turismo_rafaestevez_01.jpg","alt":"Luis López na presentacion dos Rías Baixas Fest","title":"20250609_turismo_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"76e74d16-cc22-66e2-1302-1a47de1a327a","fileEntryId":"12962607","resourcePrimKey":"12962635"}

Luis López presenta a banda sonora do verán nas Rías Baixas reforzada: máis festivais, o Underfest Xacobeo en Vigo; e máis recursos, 340.000€ de orzamento

  09/06/2025

{"classPK":12863021,"groupId":"37861","name":"20250528_luisa-sanchez-foro-galicia-sostibilidade-global.jpg","alt":"Luisa Sánchez, asistiu este mércores á inauguración do III Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Ma","title":"20250528_luisa-sanchez-foro-galicia-sostibilidade-global.jpg","type":"document","uuid":"b04360d0-319b-7b8a-4220-cf8cd91417d5","fileEntryId":"12863021","resourcePrimKey":"12863035"}

Luisa Sánchez asiste á inauguración do III Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar

  28/05/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 4 - 6 de 8 resultados.