Axenda de actividades provinciais

Exposición Leopoldo Varela, a forza da cor

Desde 2025-11-14 00:00:00.0 ata 2026-01-11 22:00:00.0
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Leopoldo Varela

A exposición amosa a súa produción desde comezos dos anos setenta, coincidindo co momento no que o óleo adquire protagonismo na súa obra e adopta os postulados da Escola de Madrid, seguidora do estilo de Benjamín Palencia; unha pintura figurativa, non académica, que reinterpreta a realidade desde os elementos construtivos do cubismo e o cromatismo fauve coa intención de transmitir os elementos esenciais da paisaxe, fuxindo dos tópicos.

Información

Horario

  • De martes a sábados: de 10h a 21h
  • Domingos e festivos: de 11h a 14h
  • Pechado os luns e os días 1 e 6 de xaneiro e 24, 25, 31 de decembro

Máis información