O Concello de Soutomaior publica a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre actividades económicas (IAE)
27/11/2025
O 21 de novembro de 2025 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre actividades económicas, cuxa xestión, liquidación, inspección e recadación en período voluntario e executivo está delegada no ORAL da Deputación de Pontevedra. Esta modificación comezará a aplicarse o 1 de xaneiro de 2026.
Para obter información detallada, pódese consultar o texto completo da modificación na seguinte ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/11/21/2025075930. Tamén se pode atopar información adicional sobre os tributos delegados polo Concello de Soutomaior no ORAL, tipos impositivos e demais ordenanzas fiscais en https://www.depo.gal/es/web/oral/o-meu-concello.