Practicum Depo

Guía de viaxe

Seguro de viaxe

Para garantir a seguridade cada persoa participante ten que contar cun seguro de viaxe que contemple: gastos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos, de hospitalización, de ambulancia, rde epatriación ou transporte de feridos, enfermos ou falecidos, desprazamento dun acompañante e gastos de estancia, de regreso no caso de falecemento dun familiar, de envío de medicamentos, de accidentes, de enfermidade, invalidez e responsabilidade civil durante toda a  mobilidade.

A maiores, cada persoa participante deberá tramitar a tarxeta sanitaria europea, no caso de ter dereito a ela.

Tarxeta Sanitaria Europea

A Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) é o documento persoal e intransferible que acredita o dereito a recibir as prestacións sanitarias necesarias, desde un punto de vista médico, durante unha estancia temporal no territorio do Espazo Económico Europeo ou en Suíza, tendo en conta a natureza das prestacións e a duración da estancia prevista, de acordo coa lexislación do país de estancia, independentemente de que o obxecto dela sexa o turismo, unha actividade profesional ou académica.

É moi recomendable que as persoas participantes na mobilidade obteñan a Tarxeta Sanitaria Europea. 

Inmersión cultural e laboral

Última modificación: xoves, 06 xuño 2019

 

  • erasmus +


  • Este proxecto foi financiado co apoio da Comisión Europea. Esta comunicación é responsabilidade exclusiva do seu autor. A Comisión non é responsable do uso que poida facerse da información aquí difundida.