Información práctica para pemes e persoas autónomas
A Deputación de Pontevedra recompilará e trasladaralles a estes colectivos os cambios normativos, fiscais ou financeiros provocados pola COVID-19
Desde a declaración do estado de alarma o pasado 14 de marzo as administracións públicas estableceron diversas normativas con medidas de apoio para paliar os efectos socioeconómicos da crise sanitaria.
A Deputación de Pontevedra, dentro do seu obxectivo marco de apoio ás pemes e ás persoas autónomas, recompilará e facilitará información con todos os cambios normativos e coas axudas dispoñibles para os colectivos sinalados.
A través do Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local estanse a preparar as seguintes accións:
- Realización de 4 webinars sobre temas de interese a través dunha plataforma virtual
- Publicación de guías prácticas con información actualizada sobre as medidas fronte á COVID-19
- Recompilación e publicación de novidades fiscais, laborais e financeiras a nivel nacional, autonómico e local
Estas medidas de reforzo da información para pemes e persoas autónomas manteranse activas desde maio ata setembro. O contacto cos colectivos afectados realizarase a través da newsletter da Deputación de Pontevedra.
Respecto aos webinars, a información das datas e o formulario de inscrición publicarase na páxina web da Deputación de Pontevedra.
Se ten algunha dúbida deberá dirixirse ao Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local.
- Teléfono: 986 80 41 00 (extensións 40853, 40855 e 40863)
- Correo-e: promociondoemprego@depo.es