Xacementos galaico romanos

Alto da Cruz do Castro

Alto da Cruz do Castro
  • Alto da Cruz do Castro
  • Alto da Cruz do Castro
  • Alto da Cruz do Castro
  • Localidade
    Cotobade 42.4812992422, -8.4762362906
  • Visita libre Si
  • Visita guiada Non
  • Estrutura visible Non
  • Temática
    VOLTA ÓS CASTROS No século III d. C. unha forte crise sacude o Imperio romano; o seu final está próximo. Este momento de inestabilidade social e económica, de violencia e convulsión, fai que a xente abandone as vilas, as cidades, e regrese ó campo. Vólvense ocupar algúns castros coma o Alto da Cruz; as súas murallas e os antigos recursos facilitan o retorno e a supervivencia da poboación
  • De interése turístico
  • No recinto principal do castro atópase o muíño de vento de Laredo, unha das catro construcións deste tipo existentes en Cotobade. É de tipo bidireccional, de cuberta fixa, e foi recentemente restaurado. Nas súas inmediacións atópanse a base e o pedestal da cruz que coroaba o monte e que lle daba nome, destruída durante o século pasado
  • O descubrimento dun pendente de ouro, na campaña de 2009, dentro da escavación tivo unha repercusión importante nos medios. Durante o ano 2010 a escavación recibiu numerosas visitas, mesmo unha nocturna, co fin de achegarlles o traballo realizado a todos os veciños e interesados, así como ás autoridades locais
  • Ademais, nas diferentes parroquias que integran o concello de Cotobade (Carballedo, San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos, Tenorio, Viascón…) existe un importante número de gravados rupestres e petróglifos (máis de 25 catalogados como BIC)
  • Máis información

Localización