Licenzas de obra
Tramitación de permisos
Calquera tipo de obra que se pretenda realizar nunha estrada provincial (edificacións, peches, beirarrúas, canalizacións, conexións da rede de auga ou de sumidoiros...) debe contar coa autorización preceptiva da Deputación.
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa por autorización de obras e actuacións nas zonas de influencia das estradas provinciais, que incorpora modificacións no que respecta á cota tributaria e réxime de autoliquidación
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal)
O Servizo de Mobilidade tramita unha media de 1.100 permisos de obra ó ano da seguinte forma:
- Rexistro de entrada da solicitude
- Periodicamente relaciónanse as solicitudes e envíanselles ós enxeñeiros técnicos da zona correspondente para que as informen
- Poden darse dous casos:
- O informe favorable que autoriza a obra, co que se lle comunica ó Servizo de Intervención para que a liquide e a notifique ó interesado
- O informe desfavorable, co que se lle comunica ó interesado por se existe a posibilidade de solucionar o problema
- No primeiro suposto (informe favorable), despois de aboar o importe das taxas correspondentes, o depósito de fianza, etc., tramítase a autorización neste servizo
- Unha vez que o asinen o enxeñeiro xefe da zona, o enxeñeiro director de Mobilidade e a presidenta envíaselle o permiso por correo certificado ó interesado
Última modificación: luns, 03 xuño 2019