LV Concurso-Exposicion Internacional de la Camelia

LV Concurso-Exposición Internacional da Camelia

O 9 e 10 de marzo achégate ao Recinto Feiral de Pontevedra e participa en todas as actividades que a Deputación ten preparadas para gozar da camelia, unha flor emblemática na nosa provincia.

Podes participar coas túas camelias no concurso e na exposición, ou podes achegarte a coñecer e observar as mellores flores cultivadas na nosa terra, e asistir a un espectáculo de cociña a partires de produtos de camelia, a charlas técnicas, ou á presentación do libro ‘Xardíns históricos da provincia de Pontevedra'.

Tamén podes pasarte durante toda a semana polo esparate-photocall que temos instalado da rúa Michelena nº 10 e subir os teus selfies e fotos de grupo ás redes sociais co cancelo #VisitCamelia19 e participar na promoción deste evento.

Consulta o programa aquí 

Consulta as charlas técnicas aquí

Última modificación: Tuesday, 05 March 2019

LV Concurso-Exposición Internacional da Camelia