María Victoria Moreno a escena!
A Deputación de Pontevedra levará por todos os concellos da provincia, desde o 4 de maio ata o 3 de decembro de 2018, sesenta representacións dentro da programación teatral Ano da Lingua, dedicada a María Victoria Moreno, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018.
Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos (Matrioshka Teatro), Romance de cans (Viravolta Títeres-Seisdedos) e Mar Adiante (Odaiko) son tres das obras deste ciclo titulado María Victoria Moreno a escena! A elas súmanse Anagnórise (Limiar Teatro), Unha historia de amor. Homenaxe a María Victoria Moreno (un contacontos para o público ilustrado por Polo Correo do Vento) e Leonardo e os fontaneiros (Ubú Teatro).
Todas as actuacións deste programa, organizado polo departamento de Cultura e Lingua da Deputación, serán de balde para o público ata completar o aforo.
Última modificación: martes, 26 xuño 2018
-
LIMIAR TEATRO. EDITORIAL GALAXIA.
Anagnórise - UBÚ TEATRO. EDITORIAL GALAXIA.
Leonardo e os fontaneiros - MATRIOSHKA TEATRO. CULTURACTIVA.
Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos - ODAIKO.
Mar adiante - VIRAVOLTA TÍTERES-SEISDEDOS.
O cego dos monifates. Romance de cans - POLO CORREO DO VENTO.
Unha historia de amor