Cultura

Mes da cultura na provincia de Pontevedra

LA cultura e a arte fannos máis libres, son unha ferramenta de aprendizaxe continua e valiosos aliados da educación inclusiva e en igualdade. Un cadro, un libro, unha película ou unha obra de teatro son tamén unha xanela ao mundo e a novas ideas e historias.

A creación artística en todas as súas manifestacións volveuse imprescindible para superar o confinamento, e a Deputación de Pontevedra quere contribuír con novas propostas: puxo en marcha exposicións e obradoiros virtuais no Museo Provincial, recomendacións de lectura e unha longa lista de actividades que converterán abril no mes da cultura na provincia.

Apetécevos dar unha volta ao mundo a través da literatura? Compartir as vosas obras de referencia? Coñecer os libros favoritos de autoras e autores contemporáneos?

Prestádelle atención á nosa web, porque abril será un mes para gozar da arte e compartila.

Última modificación: mércores, 29 abril 2020