Deportes-Depo Andainas

Monte de Santa Trega (concello da Guarda) e Ruta dos Muíños do Folón (concello do Rosal)

  • Apertura de inscricións: luns 23 de setembro
  • Peche de inscricións: mércores 2 de outubro
  • Data de realización: domingo 6 de outubro
  • Máis información (pdf)
  • Lista de admitidos

Esta andaina levaranos aos concellos do Rosal e da Guarda. Na primeira ruta poderemos ver a localidade pesqueira da Guarda e o seu espectacular monte de Santa Trega. Na segunda desprazarémonos ao veciño concello do Rosal para realizar a Ruta dos Muíños do Folón.

ITINERARIO DE MAÑÁ E DE TARDE

  • Saída do autobús: as horas especificaranse con anterioridade vía sms, os puntos de saída serán a praza de Galicia en Pontevedra e a praza de España en Vigo
  • Chegada á localidade (media hora para recoller o dorsal e poder tomar un café)
  • Realización da ruta e regreso á localidade
  • Visita guiada e descanso
  • Tempo para o xantar
  • Realización da segunda ruta
  • Volta á casa