MOVESE

Plan MOVESE, mobilidade e velocidade segura

A Deputación de Pontevedra está concienciada sobre a necesidade de aumentar a seguranza viaria en toda a rede de estradas da provincia, tanto nas vías de titularidade provincial coma local, autonómica ou estatal. Por ese motivo o organismo provincial quere empezar a traballar nas súas propias vías e está a facer una replanificación profunda e conceptual das actuacións en materia de mobilidade, con especial fincapé na protección dos colectivos máis vulnerables: peóns, ciclistas e persoas con mobilidade reducida.

Como primeira fase dun programa de actuación máis global na rede viaria provincial, a Deputación porá en marcha o Plan MOVESE (Mobilidade e Velocidade Segura), que pretende mellorar a mobilidade con actuacións financiadas ao 100 % pola institución provincial.

As actuacións da Deputación centraranse no calmado do tráfico, pois unha redución efectiva da velocidade implica tamén unha diminución drástica do número de accidentes . Así, implantaranse zonas 30, pasos de peóns sobreelevados (PPS) e redutores físicos de velocidade de vehículos (RFVV) naqueles tramos das vías que os concellos consideren oportuno.

 

Vídeos

Plan MOVESE, mobilidade e velocidade segura