Guía de espazos públicos e mobilidade amable
A "Guía de mobilidade amable dos espazos públicos" é un manual no que se reflicten as determinacións e condicións que deben cumprir as obras no espazo público para adaptarse á filosofía de seguranza viaria e mobilidade sustentable pola que aposta a Deputación, seguindo o criterio de que a principal prioridade é deseñar espazos para as persoas.
A guía ten apartados referidos á ‘Cidade como escenario de encontro para a construción da vida colectiva e á rúa como espazo multifuncional', ‘Criterios xerais: o contexto da proposta peonil e a integración do peón no feito urbano e rururbano', as ‘Novas prioridades no deseño e uso da rúa e das vías públicas', ‘Recomendacións de deseño de vías e espazos públicos para o fomento da mobilidade amable, a seguridade viaria e a calidade urbana', ‘Características técnicas de redutores e lombos', así como un epílogo. Tamén hai catro anexos nos que se fala de ‘PPS e mesetas. Casos específicos: rúas e estradas con pendentes significativas desenvolvidas pola Deputación de Pontevedra', ‘Redutores físicos de velocidade circulares. Algúns exemplos desenvolvidos pola DEPO', ‘ Proposta de instrución de deseño de dispositivos de precaución da DEPO' e ‘Proposta de protocolo de actuación de seguridade viaria na DEPO'.
Relatorios da xornada de presentación
- Ordenanza de seguranza viaria e Decálogo de actuacións da Deputación de Pontevedra. Daniel Romay Díaz, director do Servizo de Mobilidade
- A transformación dos espazos no Concello de Pontevedra. Jesús Gómez Viñas, enxeñeiro xefe da oficina técnica de Infraestruturas e Servizos do Concello de Pontevedra
- Novos proxectos provinciais. Jesús A. Fole de Navia Osorio, asesor de mobilidade da Deputación
- O Plan Móvese: execución e cuestións prácticas. Óscar Baltar San Martín, enxeñeiro provincial e director de obras do Plan Móvese
Enlaces
Última modificación: xoves, 07 xuño 2018