MOVESE

Xornada "Seguranza viaria nas estradas. Métodos de redución de velocidade"

Coa finalidade de aumentar a seguranza viaria nas estradas da provincia o departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra organizou o 22 de novembro de 2016 a xornada "Seguranza viaria nas estradas. Métodos de redución de velocidade".

A nova concepción da mobilidade da institución provincial aposta por reducir a sinistralidade e o número de vítimas a través do calmado do tráfico. Para iso a Deputación achegou nesta sesión o traballo doutros organismos.

A organización non gobernamental Stop Accidentes mostrou a visión sobre as medidas urxentes e necesarias para loitar contra a violencia viaria; desde a Dirección Xeral de Tráfico afóndase na estratexia T, o tratamento das travesías do Estado para a seguranza viaria e a habitabilidade; e a Policía local de Pontevedra expusxo a experiencia da cidade na redución da velocidade do tráfico.

Nesta xornada, que coincidiu coa celebración no mes de novembro do Día Mundial en Lembranza das Vítimas da Violencia Viaria, o departamento de Mobilidade da Deputación presentou tamén as actuacións do Plan MOVESE (Mobilidade e Velocidade Segura) nos distintos concellos da provincia. 

Vídeo completo

Relatores

Jeanne Picard (Presidenta de Stop Accidentes en Galicia) - "Medidas urxentes e necesarias para loitar contra a violencia viaria" (Ponencia completa en pdf)

Destacou a necesidade de implementar na poboación unha conciencia viaria pola seguridade, reducindo a violencia vial e impulsando actuacións por una mobilidade sostible e segura. Espertar esta conciencia sobre a sociedade será sinónimo de menos riscos de accidentes, maior seguridade cidadá e unha convivencia pacífica entre peóns e vehículos de tránsito.

Daniel Macenlle  (Intendente principal, Xefe de Policía Local) - "A pacificación do tráfico como formula para a prevención da lesividade" (Ponencia completa en pdf)

Expuso a experiencia na cidade pontevedresa aportando datos relativos ao calmado do tráfico e a redución dos sinistros. Unha proposta de cidade peonil cunha velocidade para os vehículos de 30km/h, que trae consigo vantaxes como a redución da contaminación aérea e acústica, e unha maior seguridade viaria. E é que o 30% dos falecidos son a causa da velocidade, e as lesións increméntanse notablemente polo exceso desta no impacto; así, o modelo de cidade prioriza a cidadanía.

Pedro Tomás Martínez (Xefe de área de xestión da Mobilidade da DXT) - "Estrategia T. O tratamento de travesías para a seguridade viaria e a habitabilidade" (Ponencia completa en pdf)

Estableceu a necesidade de intensificar a vixilancia nas vías e identificar os tramos máis perigosos das estradas, ademais de concienciar de que a velocidade é un elemento importante á hora de evitar mortes por accidentes de tráfico. Por outra banda, a estratexia que se pretende implantar dende a DXT, pon ás travesías no eixo central de xerarquización viaria que hai que repensar para acotar os problemas que nelas se presentan polo seu alto risco de sinistros.

Uxío Benítez (Deputado provincial de Mobilidade) - Calmado do tráfico e seguranza viaria nas estradas provinciais. Plan MÓVESE (Ponencia completa en pdf)

Presentou as actuacións que se realizan ao abeiro do Plan MOVESE, unha serie de medidas de calmado de tráfico efectivas para reducir accidentes e que ofrecen seguridade tanto a peóns, ciclistas e motocicletas, como aos condutores e ocupantes dos turismos. Entre estas intervencións: instalación de pasos de peóns sobre elevados, redutores físicos de velocidade, ou zonas 30 nas estradas provinciais.

Última modificación: mércores, 30 novembro 2016