Xornada

Xornada "Plans de Mobilidade Sustentable"

As novas realidades sociais están a modificar notablemente a mobilidade como concepto e actividade nos concellos, adoptando unha visión máis complexa na que se supera a definición como transporte para dar paso a unha interpretación como dereito cidadán para desenvolver actividades no territorio.

Esta situación obriga a que as administracións estuden as diferentes formas de habitar e de moverse para adiantarse e prever os cambios na morfoloxía de cada municipio. As transformacións fanse necesarias, en maior ou menor medida, para acadar un espazo público de calidade no que se fomenten as relacións e a convivencia entre vehículos e peóns.

Así, é preciso formular estratexias encamiñadas a unha planificación para afrontar os problemas existentes, e os plans ou estudos de mobilidade e espazo público sustentables (PMS ou EME) son unha ferramenta. Estes deben propoñer medidas a curto, medio e longo prazo para reorientar os distintos tráficos e desprazamentos internos nos núcleos de poboación e as súas relacións externas con outros núcleos ou concellos próximos.

A Deputación de Pontevedra, desde o Servizo de Mobilidade, e seguindo as liñas da Estratexia de Mobilidade 3.0, aprobará nos vindeiros días unha liña de subvencións para a redacción de plans de mobilidade sustentable para os concellos da provincia. Co fin de dar a coñecer a importancia destes plans e poñer sobre a mesa experiencias xa realizadas, vén de organizar a Xornada sobre Plans de Mobilidade Sustentable para o 31 de outubro.

Descargas

Última modificación: Tuesday, 31 October 2017

Vídeos

  • 31/10/2017  Estratexia de Mobilidade 3.0, a cargo de Uxío Benítez

  • 31/10/2017  Da planificación estratéxica aos plans de mobilidade. Mesa redonda

  • 31/10/2017  'Axudas FEDER para entidades locais (POCS)', a cargo de Francisca Rivero

31-10-2017 Xornada Sobre Plans de Mobilidade Sustentable