#IGUALDADE

"Mulleres en acción: Violencia zero"

2021-2022

Artistas que moven, removen e conmoven

Móvete con elas contra a violencia machista!


Nun momento crítico no que estamos a vivir importantes gromos de violencia e discriminación, escoitando (vellas) novas mensaxes de odio e presenciando brutais agresións cada día, as mulleres seguimos a ocupar unha posición altamente vulnerable: sufrimos a desigualdade en todos os ámbitos da vida, ante unha sociedade que nega, invisibiliza e normaliza os ataques e as reaccións do patriarcado. Tras un ano realmente complexo, onde a situación pandémica precarizou máis a situación laboral das mulleres e que propiciou que estas tivesen unha maior estancia nos fogares co seu maltratador, a igualdade de oportunidades volve estar en serio risco de retroceder gravemente na nosa sociedade.

O programa "Mulleres en acción. Violencia zero" entendeu a emerxencia feminista e a urxencia cultural que demandaba o momento e, lonxe de parar, saíu á rúa con máis forza se cabe, levando nas súas pezas artísticas as problemáticas da situación actual: visibilizando, sensibilizando e implicando. E fixo activismo noutro senso non menos importante: mantivo o compromiso coas mulleres artistas. Nunha crise sen precedentes, que masacrou o sector cultural dun xeito ineludible, as mulleres creadoras víronse na estacada presenciando a caída, a cancelación e o aprazamento de case todos os seus proxectos culturais. Por iso, manter a axenda do programa (literalmente) tamén era poñer a axenda feminista no foco. Así, o programa volveuse flexible para poder acompañar as artistas, máis tamén as mulleres, na loita pola igualdade.

A loita contra a violencia machista maniféstase aquí na performance, na poesía, na danza, na música, no teatro e no graffiti para provocar unha reacción social cara a esa lacra que só poderemos parar entre todas e todos.

25 novas accións en 25 concellos da provincia. Esta sétima edición volverá apostar pola participación que tantas emocións compartidas nos trouxo xusto antes da pandemia. Volverá desenvolver obradoiros nalgunhas das accións. Volverá situar a creación contemporánea no espazo público. Volverá arrepiarnos a pel e facernos reflexionar. Volverá provocar, remover e berrar: mover conciencias. Volverá ser plataforma. Volverá visibilizar o talento de tantas mulleres artistas, actrices, bailarinas, muralistas, músicas e poetas que merecen estar.

E como novidade desta nova edición queremos convidar o sector cultural a reflexionar nunhas xornadas participativas na nosa Escola de Igualdade María Vinyals, nas que contaremos con figuras referentes a nivel internacional da arte de acción: porque compartir é construír estruturas máis fortes.

Volveremos ocupar o espazo que nos pertence por dereito coa loita máis prioritaria: a loita pola igualdade de oportunidades.

Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven.

Móvete con elas contra a violencia machista!

 

PROGRAMACIÓN 2021-2022
MES CONCELLO ARTISTA ACCIÓN
Novembro 2021 Pontevedra Alba Soto Performance inaugural
Vigo Mercé de Rande Performance inaugural
Decembro 2021 Meaño Eva Comesaña Danza contemporánea
Moraña Sofía Espiñeira Música
Xaneiro 2022 Silleda Beatriz Serén Acción escénica con obradoiro
Forcarei Atenea García Acción escénica con obradoiro
Febreiro 2022 Oia Cris Iglesias Acción escénica con obradoiro
Agolada Esperanza Mara Música e canto con obradoiro
Marzo 2022 Caldas de Reis Mónica Cofiño Performance
Moaña Julia Mariscal Performance
Abril 2022 A Lama Pilar V. de Foronda Performance con obradoiro
A Guarda Rakele Cavallo Mural pequeno participativo con obradoiro
Maio 2022 Fornelos de Montes María José Pulido Mural pequeno participativo con obradoiro
As Neves Iria Vázquez Performance con obradoiro
Xuño 2022 Redondela Elisa Capdevila Intervención mural gran formato
Salceda de Caselas Dúo Amazonas Intervención mural gran formato
Xullo 2022 Tui Esther Latorre Danza contemporánea
Meis Flow do Toxo Música
Agosto 2022 Baiona La Teoría de la Nada Música
A Cañiza Suevia Música
Setembro 2022 Covelo Andrea Valle Acción poética
Barro Myriam González Danza con obradoiro
Outubro 2022 Rodeiro Cora Velasco Acción escénica con obradoiro
Cambados Isabel Risco Acción escénica con obradoiro
Novembro 2022 Vilaboa Alba Cid Acción poética
Ilustradoras bolsas Andrea López
Eva Fandiño
Nuria Díaz
   

 

ALBA SOTO
Novembro 2021
Pontevedra

MERCÉ DE RANDE
Novembro 2021
Vigo

EVA COMESAÑA
Decembro 2021
Meaño

SOFÍA ESPIÑEIRA
Decembro 2021
Moraña

BEATRIZ SERÉN
Xaneiro 2022
Silleda

ATENEA GARCÍA
Xaneiro 2022
Forcarei

CRIS IGLESIAS
Febreiro 2022
Oia

ESPERANZA MARA
Febreiro 2022
Agolada

MÓNICA COFIÑO
Marzo 2022
Caldas de Reis

JULIA MARISCAL
Marzo 2022
Moaña

PILAR V. DE FORONDA
Abril 2022
A Lama

RAKELE CAVALLO
Abril 2022
A Guarda

MARÍA JOSÉ PULIDO
Maio 2022
Fornelos de Montes

IRIA VÁZQUEZ
Maio 2022
As Neves

ELISA CAPDEVILA
Xuño 2022
Redondela

DÚO AMAZONAS
Xuño 2022
Salceda de Caselas

ESTHER LATORRE
Xullo 2022
Tui

FLOW DO TOXO
Xullo 2022
Meis

Teoría de la Nada

TEORÍA DE LA NADA
Agosto 2022
Baiona

SUEVIA

SUEVIA
Agosto 2022
A Cañiza

ANDREA VALLE

ANDREA VALLE
Setembro 2022
Covelo

MYRIAM GONZÁLEZ

MYRIAM GONZÁLEZ
Setembro 2022
Barro

CORA VELASCO
Outubro 2022
Rodeiro

ISABEL RISCO
Outubro 2022
Cambados

ALBA CID
Novembro 2022
Vilaboa

ANDREA LOPEZ
Ilustradora

EVA FANDIÑO
Ilustradora

NURIA DIAZ
Ilustradora

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 13 resultados.