Mundial Júnior de Balonmán 2019

Mundial Júnior de Balonmán 2019

Pontevedra e Vigo, sedes da cita na que se medirán 24 seleccións

A provincia de Pontevedra acolle desde o 16 ao 28 de xullo una das grandes citas do balonmán a nivel internacional. Vinte e catro seleccións competirán no Campionato do Mundo Júnior 2019, que terá lugar en dúas sedes: Pontevedra e Vigo.

A Deputación de Pontevedra, os concellos de Vigo e Pontevedra e a Federación Española de Balonmán colaboran na organización deste evento de máximo nivel que volverá situar ás Rías Baixas no mapa mundial do deporte e atraerá turismo internacional á provincia. Miles de persoas entre deportistas, persoal técnico, representantes de federacións e familiares que acompañan as novas promesas do balonmán acudirán á cita.

SELECCIÓNS

As seleccións de Eslovenia, Francia, Alemaña, Portugal, Croacia, Islandia, Serbia, Noruega, Suecia e Hungría clasificáronse para o Mundial Júnior España 2019 a través do Campionato Europeo de 2018 e o resto de seleccións incorporáronse en sucesivas competicións ata completar o cadro con 24 equipos nacionais. España enfrontarase a Eslovenia, Serbia, Tunes, Xapón e USA dentro do Grupo A.

A cerimonia inaugural do campionato e o debut de España están previstas para o vindeiro martes 16 de xullo no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra. Este recinto tamén acollerá as dúas semifinais do torneo, mentres que a final, o 28 de xullo, se trasladará ao Pavillón das Travesas de Vigo.

ENTRADAS

Os prezos para asistir aos partidos oscilan entre os sete euros dos encontros da primeira fase e os 32 da gran final. Tamén se ofertan bonos para varias xornadas.

MÁIS INFORMACIÓN

Toda a información relacionada coa competición deportiva e a adquisición de entradas está dispoñible na web Spain Handball 2019

Visita a web de Turismo Rías Baixas para planificar escapadas durante a túa estancia ás impresionantes paisaxes do litoral das Rías Baixas.

Última modificación: luns, 15 xullo 2019