Musigal

Musigal

O programa Musigal 2019 nace co obxectivo de favorecer a programación artística por parte dos concellos e diríxese especificamente aos grupos e artistas profesionais de música. Un dos seus obxectivos é a dinamización da lingua galega, en canto que busca favorecer a vivencia positiva no noso idioma e contribuír á posta en valor da lingua galega e ao incremento do seu uso e prestixio, á socialización en galego da infancia e da mocidade e á toma de consciencia sociolingüística da poboación da provincia de Pontevedra.

Última modificación: xoves, 20 decembro 2018

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará o 18 de xaneiro de 2019

Vídeos
  • 25/05/2018  Musigal 2018. Susana Seivane

  • 25/05/2018  Musigal 2018. Orquestra de Cámara Galega

  • 25/05/2018  Musigal 2018. Punkinfantil

  • 25/05/2018  Musigal 2018. Dakidarría

  • 25/05/2018  Musigal 2018. De Vacas

  • 25/05/2018  Musigal 2018. Roi Casal

  • 25/05/2018  Musigal 2018

  • 25/05/2018  Musigal 2018. Resumo da presentación