Nadal en Galego. O Apalpador
O Apalpador non faltou á súa tradicional cita coa provincia de Pontevedra este Nadal. Adaptado ás limitacións da COVID volveu dende o Courel para felicitar as festas á rapazada – e tamén ás persoas adultas- con pasarrúas musicais ao longo de 22 concellos e tamén difundindo nos centros escolares vídeos gravados en 38 municipios da provincia poñendo en valor a natureza, a lingua galega e tamén a alimentación saudable.
Programación 2020
Mércores 23 de decembro
- 12:00 h A Illa de Arousa
- 17:00 h Cambados
- 19:00 h Barro
Xoves 24 de decembro
- 17:00 h Tui
Venres 25 de decembro
- 12:00 h Bueu
- 19:00 h Cangas
Sábado 26 de decembro
- 12:00 h As Neves
- 17:00 h Covelo
- 19:00 h Ponteareas
Domingo 27 de decembro
- 12:00 h Moaña
Luns 28 de decembro
- 12:00 h Silleda
- 17:00 h Rodeiro
- 19:00 h Cerdedo-Cotobade
Martes 29 de decembro
- 12:00 h Poio
- 17:00 h Vilaboa
- 19:00 h Soutomaior
Mércores 30 de decembro
-
12:00 h Baiona(suspendido por motivos sanitarios) - 17:00 h Gondomar
- 19:00 h O Porriño
Venres 31 de decembro
- 12:00 h Tomiño
- 17:00 h O Rosal
- 19:00 h Salceda de Caselas
"Nadal en galego" é un programa concibido para vincular o Nadal coa tradición, recuperando unha figura que forma parte dos trazos identitarios galegos, para que as nenas e nenos poidan familiarizarse con esta figura mítica galega e coñecer a súa historia. Orixinalmente O Apalpador representábase como un carboeiro de barba vermella e, segundo a tradición, baixaba ás vilas desde as montañas a noite do 24 ou o 31 de decembro para tocar o ventre das e dos nenos para ver se comeran suficiente durante o ano e deixáballes a cambio agasallos e castañas, ao tempo que lles desexaba un novo ano cheo de felicidade e comida.
Descargas
Última modificación: martes, 22 decembro 2020