Nadal en Galego. O Apalpador e a Apalpadora

Nadal en Galego. O Apalpador e A Apalpadora

O Apalpador e A Apalpadora baixan das montañas un ano máis, para visitar os concellos da provincia e repartir ilusión e landras polo Nadal!

Ao igual que en anos anteriores O Apalpador, a súa filla, A Apalpadora, míticas figuras do Nadal galego, baixan das montañas para visitar as nenas e os nenos acompañadas dun acordeonista, dun guitarrista e dun burro fariñeiro para comprobar se todas e todos se portaron ben e comen o suficiente para afrontar o inverno.

Esta visita inclúe, ademais, un percorrido pola tradición propia e pequenos fragmentos lúdicos para concienciar sobre o coidado do medio e a alimentación saudable.

Programación 2019

Venres 20 de decembro

  • 10:30 h Pontevedra. Centro Príncipe Felipe
  • 12:30 h Barro. CEIP Amor Ruibal

Sábado 21 de decembro

  • 12:00 h A Illa de Arousa. Praza do Concello
  • 17:00 h Cambados. Parque de Torrado
  • 19:00 h Vilagarcía de Arousa. Rúa do Alcalde Rey Daviña, fronte á casa da cultura (se chove, no auditorio municipal)

Domingo 22 de decembro

  • 12:00 h Ponte Caldelas. Alameda (se chove, no centro cultural)
  • 17:00 h Mondariz. Biblioteca Municipal Xoán Xosé Pérez Labaca
  • 19:00 h Salceda de Caselas. Praza do Concello (se chove, na casa da cultura)
  • 12:00 h Tomiño. Mercado municipal
  • 17:00 h O Rosal. Praza do Concello (se chove, na sala de exposicións do Concello)
  • 19:00 h Oia. Praza da parroquia de Mougás (se chove, no centro cultural)

Luns 23 de decembro

  • 12:00 h Bueu. Centro Social do Mar
  • 17:00 h Moaña. Parque infantil da praza de abastos (se chove, no alto da praza)
  • 19:00 h Cangas. Praza da Constitución (se chove, na Casa da Xuventude)

Martes 24 de decembro

  • 17:00 h Cuntis. Praza das Árbores (se chove, na casa da cultura)
  • 19:30 h Lalín. Carpa de Nadal (sobre o aparcadoiro Europa)

Mércores 25 de decembro

  • 12:00 h As Neves. Praza do Concello (se chove, no mercado municipal)
  • 17:00 h Covelo. Praza Mestre Cerviño (se chove, no auditorio municipal)
  • 19:00 h Ponteareas. Praza Maior

Xoves 26 de decembro

  • 12:00 h Caldas de Reis. Praza das Palmeiras (se chove, no auditorio municipal)
  • 17:00 h Valga. Auditorio municipal
  • 19:00 h Catoira. Avenida Eloy Domínguez (se chove, na biblioteca pública municipal)

Venres 27 de decembro

  • 12:00 h Tui. Edificio Francisco Sánchez, Área Panorámica
  • 17:00 h Soutomaior. Alameda Talo Río (se chove, no multiusos)
  • 19:00 h Mondariz-Balneario. Sala de cultura do Concello

Sábado 28 de decembro

  • 12:00 h O Grove. Rúa Castelao (se chove, na casa do concello)
  • 17:00 h Sanxenxo. Carpa de Nadal da praza dos Barcos
  • 18:30 h Ribadumia. Centro social de Barrantes

Domingo 29 de decembro

  • 12:00 h Baiona. Praza do Concello
  • 17:00 h Gondomar. Praza Paradela (se chove, no auditorio)
  • 19:00 h O Porriño. Praza do Concello (se chove, nos soportais do concello)

Luns 30 de decembro

  • 12:00 h Poio. Centro Cultural Xaime Illa
  • 17:00 h Vilaboa. Casa da cultura de Riomaior
  • 19:00 h Campo Lameiro. Centro Sociocultural Sobrino Buhigas

Martes 31 de decembro

  • 13:00 h Silleda. Praza Juan Salgueiro
  • 17:00 h Rodeiro. Centro Cultural Manuel Lamazares
 

"Nadal en galego" é un programa concibido para vincular o Nadal coa tradición, recuperando unha figura que forma parte dos trazos identitarios galegos, para que as nenas e nenos poidan familiarizarse con esta figura mítica galega e coñecer a súa historia. Orixinalmente O Apalpador representábase como un carboeiro de barba vermella e, segundo a tradición, baixaba ás vilas desde as montañas a noite do 24 ou o 31 de decembro para tocar o ventre das e dos nenos para ver se comeran suficiente durante o ano e deixáballes a cambio agasallos e castañas, ao tempo que lles desexaba un novo ano cheo de felicidade e comida.

Última modificación: martes, 10 decembro 2019