A Deputación co deporte da provincia

O deporte da provincia contigo

"Non perdades a esperanza", "imos saír fortalecidos e verase reflectido nun futuro" ou "ánimo e forza" son algunhas das marabillosas mensaxes coas que as e os deportistas da provincia nos agasallan nestes vídeos que forman parte da campaña da Deputación de Pontevedra "O deporte da provincia contigo".

Máis de 30 rostros coñecidos, referentes dunha ducia de modalidades deportivas, amósannos desde as súas casas, nestes días de confinamento, un exemplo de unión inesquecible e toda a esperanza e forza para seguir vencendo o virus desde a responsabilidade. Xuntas e xuntos podemos!