O teu primeiro emprego

"O teu primeiro emprego" nas empresas e corporacións sectoriais

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 29 de abril de 2019.

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Nesta primeira fase seleccionaranse as empresas e corporacións sectoriais da provincia de Pontevedra como entidades colaboradoras e determinaranse as titulacións universitarias e de ciclos superiores de formación profesional dos 250 postos de traballo que se van desempeñar baixo a modalidade de contrato en prácticas, que se repartirán en dous grupos:

  • 1.º grupo: 150 contratacións en prácticas para persoas tituladas universitarias
  • 2.º grupo: 100 contratacións en prácticas para persoas tituladas en ciclos superiores de formación profesional

As contratacións laborais en prácticas que se deriven realizaranse entre as entidades colaboradoras e as e os titulados universitarios e de formación profesional de ciclos superiores sen experiencia laboral previa, co fin de que poidan adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitar a súa inserción no mercado laboral.

A través desta subvención financiarase unha parte do custo laboral total dun contrato en prácticas por un primeiro período de seis meses e outros seis meses máis en caso de prórroga do contrato e condicionado á existencia de crédito suficiente no Orzamento provincial correspondente.

A entidade colaboradora correrá co gasto que deba suplementar ata acadar o custo laboral total que corresponda á súa categoría polo convenio colectivo aplicable, incluída a cota empresarial á Seguridade Social e os incentivos, produtividades e/ou outros conceptos salariais derivados da relación contractual coa empresa.

A contía máxima da subvención que se lle concederá a cada persoa contratada en prácticas segundo a categoría e titulación requirida será a seguinte:

Titulación Importe máximo subvención Total máximo subvención
Licenciatura, grao ou diplomatura 1.000 €/mes 12.000 €
Ciclo superior de formación profesional 950 €/mes 11.400 €

A Deputación provincial será a encargada de seleccionar as persoas que se contraten mediante a presentación das ofertas de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego da provincia de Pontevedra, que realizará a sondaxe dos postos que se queren cubrir en toda a provincia tendo en conta as titulacións requiridas polas entidades colaboradoras.

A selección efectuarase entre as persoas demandantes de emprego desempregadas ou con tarxeta de mellora de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego da provincia de Pontevedra e que cumpran os requisitos esixidos para a formalización dun contrato en prácticas recollidos nas bases 3 e 4 da convocatoria. O ámbito de busca de emprego non poderá superar o nivel provincial.

Última modificación: martes, 02 xullo 2019