O teu primeiro emprego

"O teu primeiro emprego" en organizacións non gobernamentais 2021

Mediante este programa se seleccionarán nunha primeira fase as entidades colaboradoras da provincia de Pontevedra, determinándose as titulacións universitarias e de ciclos superiores de formación profesional dos 20 postos de traballo que se van a desempeñar baixo a modalidade de contrato en prácticas.

Poderán ser entidades colaboradoras das axudas ou subvencións previstas neste programa as organizacións non gobernamentais, en concreto as asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan programas ou sexan titulares ou xestoras de centros ou programas de servizos sociais inscritas no RUEPSS, e que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

A eficacia do acordo de ampliación para cada unha das titulacións afectadas condicionarase a non presentación de solicitudes dentro do prazo inicial

TITULACIÓN PRAZO AMPLIADO O TEU PRIMEIRO EMPREGO EN ORGANIZACIÓNS NON GOBERNAMENTAIS 2021
Nº CONTRATOS NOME TITULACIÓN SOLICITADA RAZÓN SOCIAL ENTIDADE CONCELLO
1 CICLO SUPERIOR EN ENSINANZA E ANIMACIÓN SOCIODEPORTIVA/ANIMACIÓN DE ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS ASOCIACIÓN BENEFICA SOCIAL DE PADRES Y AMIGOS LA ESPERANZA DEL VALLE MIÑOR Nigrán

Nunha segunda fase, a Deputación de Pontevedra seleccionará as persoas beneficiarias desas contratacións, as cales se realizarán entre as entidades colaboradoras e as persoas beneficiarias co fin de que poidan adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitar a súa inserción no mercado laboral.

A través desta subvención financiarase unha parte do custo laboral total dun contrato en prácticas por un primeiro período de seis meses prorrogables por outros seis meses máis, condicionado á existencia de crédito suficiente no Orzamento provincial correspondente.

As entidades colaboradoras deberán complementar a cantidade que sexa necesaria ata acadar os salarios que correspondan segundo a categoría profesional asignada polo convenio colectivo aplicable ou, de non existir este, a categoría equivalente, e asumirán o custo total da Seguridade Social e dos demais conceptos salariais que poidan derivar da relación contractual da persoa traballadora en prácticas.

As contías máximas das subvencións que se concederán para cada persoa contratada en prácticas segundo a titulación requirida será a seguinte:

Titulación Importe máximo da subvención (por mes) Importe máximo da subvención
(por 6 meses)
Total máximo da subvención
(no caso de prorrogarse a subvención por 6 meses máis)
Licenciatura, grao o diplomatura 1.000 €/mes 6.000,00€ 12.000€
Ciclo superior de Formación Profesional 950 €/mes 5.700,00 € 11.400 €

A selección das persoas beneficiarias das contratacións en prácticas realizarase por parte da Deputación de Pontevedra en función das titulacións requiridas polas entidades colaboradoras seleccionadas segundo os criterios que se establezan nas bases de selección das persoas beneficiarias e sempre que cumpran as seguintes condicións:

  • Estar en posesión dun título universitario ou de formación profesional de grao superior ou de títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, de acordo coas leis reguladoras do sistema educativo vixente, que habiliten para o exercicio profesional.
  • Que no momento da contratación non transcorresen máis de cinco anos, ou máis de sete cando o contrato se realice cunha persoa con discapacidade, desde a terminación dos correspondentes estudos.
  • Non ter experiencia laboral previa na titulación obxecto do contrato (nos grupos de cotización 1 ou 2 para titulacións universitarias e nos grupos 3 ou 5 para ciclos superiores) ou non haber estado dada de alta como persoa autónoma en actividades relacionadas coa titulación, por un tempo superior a 6 meses ou a 184 días.
  • Non ter estado contratada en prácticas por tempo superior a 6 meses nin estar contratada en prácticas no momento da selección nalgún dos programas de "O teu primeiro emprego".

Última modificación: martes, 13 xullo 2021