O teu primeiro emprego

O teu primeiro emprego na Deputación 2020

Por acordo da Xunta de Goberno núm. 2.29046, de 19 de xuño de 2020, aprobáronse as bases que regulan a selección das persoas beneficiarias das contratacións laborais en prácticas do programa de fomento da empregabilidade "O teu primeiro emprego", nos centros e servizos da Deputación Provincial de Pontevedra 2020-2021.

  • Bases (BOPPO 26/06/2020)

Esta selección afecta a un total de 36 postos de traballo en prácticas, dos que 22 pertencen ao grupo A2, con titulación universitaria, e 14 ao grupo C1, co nivel de ciclo superior de formación profesional.

Neste plan establécese unha reserva do 10 % do número total de contratacións en prácticas previstas para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

A selección dos centros e servizos nos que se realizarán as prácticas levarase a cabo en función do programa de actuación que se vai desenvolver e tendo en conta a adecuación do perfil dos postos ás titulacións requiridas.

A selección consistirá na valoración dos méritos acreditados polas persoas preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego conforme aos criterios de valoración obxectivos establecidos nas bases da convocatoria. Realizarase entre as persoas demandantes de emprego desempregadas ou coa tarxeta de mellora de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego e que cumpran os requisitos esixidos para a formalización dun contrato de traballo en prácticas, mediante a oferta de emprego presentada polo Servizo de Recursos Humanos e Formación na oficina do Servizo Público de Emprego de Pontevedra.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, asegurándose de acreditar os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Última modificación: luns, 29 xuño 2020