Obradoiros de verán no Museo 2019

Catro temáticas diferentes abarcan os obradoiros de verán que o Museo organiza nos meses de xullo e agosto para o público infantil. A inscrición pódese realizar ata o 27 de xuño. Haberá dúas quendas por obradoiro en función da idade das e dos participantes, que serán 120 en total.

O prazo de presentación das solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), é dicir, dende o 18 ao 27 de xuño, ambos inclusive.

 

Adxudicación das prazas: concederase un obradoiro por nena ou neno. No caso de que houbese máis demanda que prazas estas adxudicaranse por sorteo público o día 28 de xuño ás 9:30 h no Edificio Fernández López do Museo.

Listas de admisión: as nais ou pais deberán estar pendentes da consulta das listas, que se farán públicas a través da web do Museo e no punto de información do Sexto Edificio.

Última modificación: martes, 02 xullo 2019