Imaxe representativa do tema Formación e Emprego

Prazas de persoal funcionario e laboral fixo da oferta de emprego público dos anos 2016, 2017 e 2018

Convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas e postos vacantes no cadro funcionario e laboral fixo da Deputación de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2016, 2017 e 2018.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOGA).

Última modificación: mércores, 24 abril 2019