Imaxe representativa do tema Formación e Emprego

Prazas de persoal funcionario quenda de promoción interna oferta 2016, 2017 e 2018

Convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2016/2017/2018 reservadas á quenda de promoción interna.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia

Unha praza de técnico/a medio de Administración Xeral

Oito prazas de administrativo ou administrativa

Unha praza de administrativo ou administrativa reservada a persoas con discapacidade

Unha praza de oficiala ou oficial de control e vixilancia

Última modificación: venres, 05 xullo 2019