Imaxe representativa do tema Formación e Emprego

Prazas vacantes no plantel funcionario da oferta de emprego público dos anos 2016 e 2017 reservadas á quenda de promoción interna

Convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2016 e 2017, e reservadas á quenda de promoción interna

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no BOPPO e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG)