Delegacións no ORAL

O ORAL asume e xestiona, en maior ou menor medida, delegacións tributarias de 53 dos 61 concellos da provincia. Concretamente é competente na xestión e recadación dos seguintes tributos e doutros dereitos públicos:

  • Imposto sobre bens inmobles (IBI)
  • Imposto sobre actividades económicas (IAE)
  • Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM)
  • Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU)
  • Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO)
  • Multas
  • Taxa do lixo
  • Outras taxas pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local ou pola prestación de servizos públicos ou a realización de actividades administrativas de competencia local que se refiran, afecten ou beneficien de modo particular os suxeitos pasivos.


Fonte: Memoria ORAL 2018