ORAL-Xestión tributaria

IIVTNU

 

Que é o IIVTNU?

O artigo 104 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, establece que o imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU) é un tributo directo que grava o incremento de valor que experimenten estes terreos e que se poñen de manifesto como consecuencia da transmisión da propiedade dos terreos por calquera título ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce, limitativo do dominio, sobre os referidos terreos.

Non está suxeito a este imposto o incremento de valor que experimenten os terreos que teñan a consideración de rústicos para os efectos do imposto sobre bens inmobles. En consecuencia, está suxeito o incremento de valor que experimenten os terreos que deban ter a consideración de urbanos para os efectos do devandito imposto sobre bens inmobles.

Quen ten que pagar o IIVTNU?

É suxeito pasivo do imposto a título de persoa contribuínte:

a) Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio a título lucrativo a persoa física ou xurídica ou a entidade á que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que adquira o terreo ou a cuxo favor se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate, é dicir, a persoa adquirinte.

b) Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio a título oneroso a persoa física ou xurídica ou a entidade á que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que transmita o terreo, ou que constitúa ou transmita o dereito real de que se trate, é dicir, a persoa transmitente.

Nos supostos aos que se refire o parágrafo b) do apartado anterior terá a consideración de suxeito pasivo substituto da persoa contribuínte, a persoa física ou xurídica, ou a entidade á que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que adquira o terreo ou a cuxo favor se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate, cando a persoa contribuínte sexa unha persoa física non residente en España.

Concellos que delegaron o IIVTNU no ORAL

  • Caldas de Reis
  • Cambados
  • Cangas
  • Catoira
  • Cuntis
  • Estrada, A
  • Meaño
  • Meis
  • Moaña
  • Mondariz
  • Mondariz-Balneario
  • Mos
  • Oia
  • Porriño, O
  • Poio
  • Ponteareas
  • Pontecesures
  • Rosal, O
  • Salceda de Caselas
  • Salvaterra de Miño
  • Silleda
  • Tomiño
  • Vilaboa
  • Vilanova de Arousa

Trámites

  • Declaración ou comunicación de IIVTNU
  • Solicitude de bonificacións e exencións
  • Presentación de recurso e reclamacións
  • Solicitude de fraccionamentos de débedas

Preguntas frecuentes

 Quero saber o importe aproximado do IIVTNU (plusvalía) porque vou vender un inmoble, como podo calculalo?

 Como podo presentar a prórroga no caso dunha declaración de liquidación de IIVTNU correspondente a unha transmisión mortis causa?

 Ao falecer miña nai/meu pai adquirín a nuda propiedade dun inmoble e a a miña nai/meu pai  o usufruto. A quen lle corresponde o pago do IIVTNU (plusvalía)? Cando faleza miña nai/meu pai terei que pagar pola extinción do usufruto?

 Vou vender un inmoble do que son a única persoa propietaria, aínda que no seu día o adquirín xunto á miña esposa / meu esposo daquela. Desde que data tería que aboar o imposto?

 Recibín unha liquidación de IIVTNU por un inmoble que vendín. Na escritura recóllese perfectamente que a persoa adquirinte se faría cargo deste imposto. Por que me liquidan a min, que son a persoa vendedora?

 Compreille a miña casa a unha persoa estranxeira e liquidáronme a min o IIVTNU; non estiven de acordo, xa que nas transmisións onerosas o suxeito pasivo é o transmitinte.

 Vendín a miña casa despois de ser propietario ou propietaria durante máis de 20 anos, liquídase o IIVTNU (plusvalía)?

 As ou os meus irmáns mais eu tiñamos unha comunidade de bens. Liquidámola recentemente e no acordo de disolución, de mutuo acordo, adxudiqueime a propiedade dun inmoble. Teño que pagar plusvalía por iso?

 De que beneficios fiscais podo gozar no IIVTNU?

 Ten algunha relación o importe da liquidación do IIVTNU (plusvalía) co prezo de compravenda que consta na escritura?

 Que data é a que computa a efectos do pagamento do IIVTNU (plusvalía): a do falecemento ou a da adxudicación e aceptación de herdanza?

 Que ocorre se vendo un ben inmoble de natureza urbana que cando o adquirín no ano X era de natureza rústica?

Normativa

Non atopas o que buscas? Chámanos ao 886 211 400 e te axudaremos a atopar a información que necesitas. Tamén podes mandarnos unha consulta por escrito a través do seguinte acceso: CONTACTA

ACCESO RÁPIDO