ORAL-Xestión tributaria

TAXAS E PREZOS PÚBLICOS

 

Que son as taxas?

As taxas locais están reguladas no artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, que establece que as entidades locais, nos termos previstos nesa lei, poderán establecer taxas pola utilización privativa ou polo aproveitamento especial do dominio público local, así como pola prestación de servizos públicos ou a realización de actividades administrativas de competencia local que se refiran, afecten ou beneficien de modo particular os suxeitos pasivos.

En todo caso, terán a consideración de taxas as prestacións patrimoniais que establezan as entidades locais:

A) Pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local

B) Pola prestación dun servizo público ou pola realización dunha actividade administrativa en réxime de dereito público de competencia local que se refira, afecte ou beneficie de modo particular o suxeito pasivo.

Quen ten que pagar as taxas?

O artigo 23 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, establece que:

1. Son suxeitos pasivos das taxas, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria:

a) Que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, conforme a algún dos supostos previstos no artigo 20.3 desta lei

b) Que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servizos ou polas actividades locais que presten ou realicen as entidades locais, conforme a algún dos supostos previstos no artigo 20.4 desta lei.

2. Terán a condición de substitutos das persoas contribuíntes:

a) Nas taxas establecidas por razón de servizos ou actividades que beneficien ou afecten as persoas ocupantes de vivendas ou locais, as persoas propietarias destes inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas sobre as respectivas persoas beneficiarias.

b) Nas taxas establecidas polo outorgamento das licenzas urbanísticas previstas na normativa sobre solo e ordenación urbana, as e os construtores e contratistas de obras.

c) Nas taxas establecidas pola prestación de servizos de prevención e extinción de incendios, de prevención de ruínas, construcións e derribas, salvamentos e, en xeral, de protección de persoas e bens, o que comprende tamén o mantemento do servizo, as entidades ou sociedades aseguradoras do risco.

d) Nas taxas establecidas pola utilización privativa ou polo aproveitamento especial por entradas de vehículos ou carruaxes a través das beirarrúas e pola súa construción, mantemento, modificación ou supresión, as persoas propietarias das leiras e dos locais aos que dean acceso as ditas entradas de vehículos, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas sobre as respectivas persoas beneficiarias.

Concellos que delegaron a xestión ou recadación das taxas no ORAL

  • Agolada
  • Arbo
  • Baiona
  • Barro
  • Caldas de Reis
  • Cambados
  • Campo Lameiro
  • Cangas
  • Cañiza, A
  • Catoira
  • Cerdedo-Cotobade
  • Covelo
  • Crecente
  • Cuntis
  • Dozón
  • Estrada, A
  • Gondomar
  • Lalín
  • Lama, A
  • Meaño
  • Meis
  • Moaña
  • Mondariz
  • Mondariz-Balneario
  • Moraña
  • Neves, As
  • Oia
  • Pazos de Borbén
  • Porriño, O
  • Portas
  • Poio
  • Ponteareas
  • Ponte Caldelas
  • Pontecesures
  • Rosal, O
  • Salceda de Caselas
  • Salvaterra de Miño
  • Sanxenxo
  • Silleda
  • Soutomaior
  • Tomiño
  • Tui
  • Valga
  • Vila de Cruces
  • Vilanova de Arousa
  • Illa de Arousa, A

Trámites

  • Altas, baixas e modificacións das taxas
  • Solicitude de bonificacións e exencións nas taxas
  • Domiciliación dos meus recibos
  • Solicitude de certificados de débedas
  • Solicitude de fraccionamento de débedas

Preguntas frecuentes

 Se estou de aluguer, correspóndeme a min o pago das taxas de recollida de lixo, auga etc.?

 Podo cambiar a persoa que figura como titular na taxa?

 Se adquirín un inmoble e xa realicei o cambio de titularidade no IBI, é preciso que solicite o cambio de titularidade nas taxas ou se efectúa automaticamente?

 O contedor está situado a 500 metros da miña vivenda, teño que pagar o recibo de recollida de lixo?

 Teño que aboar a taxa de residuos dunha vivenda desocupada ou deshabitada temporalmente?

Normativa

Non atopas o que buscas? Chámanos ao 886 211 400 e te axudaremos a atopar a información que necesitas. Tamén podes mandarnos unha consulta por escrito a través do seguinte acceso: CONTACTA

ACCESO RÁPIDO