Emprego

Definición do obxectivo profesional

DESCUBRE O TEU TALENTO!

Podemos definir o obxectivo profesional como o posto que unha persoa desexa desempeñar segundo as súas potencialidades.

Na identificación do noso obxectivo profesional debemos atender estas dúas dimensións: autocoñecemento (coñecemento do propio perfil persoal e profesional) e mercado de traballo (coñecemento das necesidades, tendencias e transformacións do contorno laboral).

REVISA O TEU OBXECTIVO PROFESIONAL CANDO:

  • Finalices unha etapa educativa ou de formación que te acredite profesionalmente
  • Busques un cambio de ocupación ou desexes promocionarte
  • Quedes en situación de desemprego