Emprego

Ocupacións e postos de traballo

A través desta aplicación podes obter información diversa sobre as profesións e a súa relación co mundo laboral e formativo. Por iso está dirixida tanto a persoas novas que comezan a buscar traballo como a persoas desempregadas ou que queren reorientar o seu futuro profesional.

En xeral podes acceder a recursos que che acheguen información sobre as distintas ocupacións e postos de traballo e pescudar sobre cada un deles:

  1. En que consiste o traballo: actividades, funcións e responsabilidades
  2. Que titulación e experiencia laboral se precisa para realizar o traballo
  3. Que competencias profesionais e habilidades se requiren
  4. Que ofrece: condicións laborais xerais, nivel salarial, oportunidades de desenvolvemento profesional, formación continua etc.
  5. Saídas profesionais: cantas vacantes deste posto hai no mercado laboral e que nivel de competencia cabe esperar; é dicir, cantos candidatos hai para un mesmo posto de traballo
  6. Onde buscar traballo nesta profesión

No Observatorio das Ocupacións do SEPE, que é unha unidade técnica que analiza a situación e as tendencias do mercado de traballo, as ocupacións, os colectivos de interese para o emprego e as transformacións que se producen nel, podes consultar os perfís da oferta de emprego, informes sobre o mercado de traballo etc.

Ademais, as persoas que estades a buscar emprego ou a mellora deste podedes descubrir qué competencias profesionais deberiades mellorar para facilitar a empregabilidade e incrementar a eficiencia na vosa procura, e tamén qué traballos podedes realizar a través da análise de coñecementos e habilidades que xa posuídes e que se poden adquirir a través dos estudos, da experiencia laboral ou de experiencias non formais.