Emprego

Información de consulta

INFÓRMATE SOBRE O MERCADO LABORAL E A FORMACIÓN PARA O EMPREGO!

Os informes sobre o comportamento do mercado laboral pretenden mellorar as túas posibilidades de inserción a través do acceso a un posto de traballo ou a través do autoemprego.

Entre outra información, nesta área podes consultar diferentes fontes e publicacións sobre formación para o emprego, certificados de profesionalidade, o Observatorio das Ocupacións do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e o Observatorio do Emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), a través de ligazóns externas coma:

  • O mercado laboral, que recolle as medidas destinadas ao fomento do emprego, tanto a nivel nacional coma europeo (Rede EURES)
  • A FP, relevante nos teus procesos de orientación e procura de emprego