Emprego

Recursos para a busca de emprego

MIRA ONDE E COMO BUSCAR EMPREGO!

Quizais te rexistraches como demandante nos servizos públicos de emprego e te deches de alta en moitos portais, o que che xerou a sensación de empregar demasiado esforzo para nada, coa posible aparición de frustración e desasosego pola demora no tempo de consecución dun posto de traballo.

ACOMPAÑÁMOSTE NA TÚA B. E. (BUSCA DE EMPREGO) 

Para comezar aconsellámosche planificar a túa busca mediante unha axenda de emprego na que establezas un horario para dedicar ás diferentes canles e técnicas que che resulten máis produtivas para atopar traballo, xa que aumentará a túa autoestima ao ir alcanzando obxectivos e aforrarás enerxía ao ter toda a información organizada.

INTERÉSACHE …

Consultar os nosos propios recursos, coma o PDF con 15 puntos para o teu plan, ou ligazóns externas do SEPE: a planificación da procura de emprego e vídeo de recursos de B. E.