Emprego

Entrevista de traballo e probas de selección

TEN EN CONTA QUE:

  • A entrevista é un dos pasos máis decisivos nos procesos de selección
  • Os primeiros momentos de contacto coas persoas entrevistadoras son claves na idea que poden facerse de ti
  • Aínda que a primeira entrevista á que asistas non che saia como esperabas, é moi importante participar nos procesos de selección. Seguro que cada vez che sairán mellor
  • A entrevista pode ter lugar cunha ou varias persoas entrevistadoras que observarán se a ou o candidato encaixa co posto ofertado a través de:
    • As súas explicacións
    • As súas habilidades
    • As súas actitudes          
    • As súas competencias
    • Seu carácter              
    • A súa motivación
  • Polo que, antes e durante a entrevista, deberás:
    • Pescudar información sobre a empresa e o posto
    • Demostrar que es a persoa máis adecuada para desempeñar ese posto
    • Definir claramente os teus propios obxectivos
    • Repasar todos os teus datos persoais e profesionais, xa que as ou os entrevistadores indagarán neles
    • Ser capaz de describir ao detalle o último emprego que garde relación co posto ao que optas: ter moi claro o que queres, o que se pode dicir e no que queres incidir
    • Cumprir as normas básicas no que se refire a puntualidade, trato e comportamento, ademais de escoller unha indumentaria acorde coa entidade ou o posto pretendido

RECOMENDÁMOSCHE AS SEGUINTES LIGAZÓNS

Podes prepararte para as entrevistas cos videotutoriais da web Todo FP Adéstrate para unha entrevista de traballo

Nalgúns casos fálase de entrevistas grupais para referirse a técnicas grupais de selección. Para máis información, consulta o vídeo sobre os tipos de probas de selección.