Os Bolechas. "Gatiños, ghatiñas, gatíos. Xeitos de falarmos galego"
No marco da programación do Ano da Lingua, o departamento provincial de Cultura e Lingua leva por todas as comarcas da provincia o universo Bolechas para que toda a rapazada poida coñecer a riqueza do noso idioma ao longo e ancho de todo o país.
"Gatiños, ghatiñas, gatíos. Xeitos de falarmos galego" propón un itinerario dividido en 12 espazos que, ademais de á aprendizaxe, convidan á experimentación e á diversión. Neles as cativas e os cativos poden interpretar cancións e mesmo protagonizar a súa propia representación teatral. A mostra, ademais de participativa e didáctica, tamén é inclusiva e multisensorial e atende ás necesidades de todas as persoas, incluso ás daquelas que teñan algún tipo de dificultade ou discapacidade.
Os centros escolares poderán concertar visitas guiadas con grupos de primaria.
Lugares e datas:
- PONTEVEDRA. Pontevedra: 18 maio-29 maio. Avenida Montero Ríos
- DEZA. Lalín: 1 xuño-11 xuño. Praza de Galicia
- O SALNÉS. Vilagarcía de Arousa: 15 xuño-26 xuño. Praza da II República
- O MORRAZO. Moaña: 10 setembro-20 setembro. Paseo marítimo
- TABEIRÓS-TERRA DE MONTES. A Estrada: 24 setembro-4 outubro. Praza do Concello
- A PARADANTA. A Cañiza: 9 outubro-19 outubro. Praza Maior
- CALDAS. Caldas de Reis: 23 outubro-2 novembro. Praza do Camiño
- O BAIXO MIÑO. Tomiño: 5 novembro-15 novembro. Praza de O Seixo
- O CONDADO. Ponteareas: 20 novembro-30 novembro. Praza da Música
- VIGO. Vigo: 5 decembreo-16 decembro. Praza do Rei
Horario da exposición:
- De luns a venres, de 10 a 13:30 h e de 16 a 20 h
- Sábados, domingos e festivos: de 11 a 14 h e de 16 a 20 h
Para concertar visitas de grupos escolares e máis información sobre os contidos:
osbolechas@osbolechas.com
981 569 155
Última modificación: martes, 27 novembro 2018