Durante este período, a Deputación non quixo deixar de conmemorar o mes da cultura achegando a cada casa iniciativas e actividades coma as que hai nesta páxina: https://www.depo.gal/mes-da-cultura. Estante a axudar no confinamento? Gústanche?
Votos totais: 8
“DEPOrte escolas” é un programa deportivo totalmente gratuíto que busca promover a actividade físico-deportiva entre as nenas e nenos en idade escolar a través da oferta de diferentes modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, balonmán, fútbol, judo, patinaxe, piragüismo, rugby e taekwondo.
Contribúen as “DEPOrte escolas” ao fomento do deporte nos concellos da provincia?
Votos totais: 133
A iniciativa SmartPeme posúe unha rede de puntos nas diferentes comarcas da provincia de Pontevedra onde se presta un servizo de información e asesoramento, presencial e personalizado, sobre as TIC e as novas tecnoloxías, que son atendidos por persoal asesor cualificado nesas materias. Está dirixida ás persoas autónomas e ás micropemes.
Coñeces o programa Smartpeme e as súas actividades?
Votos totais: 83
Un novo modelo de política deportiva implica unha serie de transformacións neste eido. Deporte Escolas, DepoDesafío, Depo Andainas ou DepoRutas BTT son algúns exemplos deste cambio.
Cal destas outras actividades habería que potenciar?
Votos totais: 76
Unha das áreas que máis identifican este Goberno é a cohesión social. Ademais dos programas con prazas gratuítas para persoas en risco de exclusión social que se están a desenvolver (Tecendo lazos, Depo en marcha...), os recursos desta área de goberno deberían dirixirse a:
Votos totais: 27
A igualdade é unha aposta prioritaria deste Goberno da Deputación e, despois de 3 anos, está considerado un servizo de referencia en Galicia e no Estado. En que liñas de actuación considera que se debe incidir?
Votos totais: 58
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo