Indicadores de transparencia

Participación e relación coa cidadanía

Información e atención á cidadanía

  1. As e os interesados poden seguir en liña o estado de tramitación e as incidencias do procedemento administrativo que formulasen
  2. Existe e infórmase sobre cartas de servizos provinciais e do grao de cumprimento dos compromisos establecidos nelas
  3. Existen e publícanse as accións de apoio para colectivos como cidadáns discapacitados, desempregados, mocidade etc. (as axudas a Municipios ou as directamente realizadas pola Deputación)
  4. Publícase a axenda de actividades provinciais e cidadás
  5. Está indexada toda a información de transparencia dentro da web institucional ou do portal de transparencia
  6. Existe unha unidade de transparencia e indícanse as súas funcións, os datos de contacto e a persoa responsable dela

Grao de compromiso coa cidadanía

  1. Plan estratéxico (ou mapa estratéxico) provincial
  2. Regulamento de participación cidadá
  3. Existe unha oficina de atención cidadá
  4. Publícanse os plans estratéxicos de subvencións dos órganos da Deputación e as bases reguladoras de cada tipo de subvención
  5. Existe unha oficina de atención cidadá en liña
  6. Existe unha delegación de goberno aberto, novas tecnoloxías e participación cidadá
  7. Existe algunha ferramenta ou formulario en liña que permita ás e aos cidadáns solicitar información pública aos diferentes departamentos da Deputación
  8. Existe unha ferramenta ou formulario que lle permita á cidadanía realizarlles propostas ou peticións aos órganos de goberno da Deputación
  9. Publícase información relativa á rendición de contas a través dalgunha ferramenta ou visor que permita coñecer o grao de cumprimento dos compromisos electorais e/ou de goberno durante a lexislatura

Última modificación: venres, 14 xuño 2019