Plan "Camiña á escola!"
A Deputación de Pontevedra, dentro da súa Estratexia de Mobilidade 3.0, coloca os colectivos máis vulnerables como suxeitos principais das melloras en materia de mobilidade: unha das principais prioridades é mellorar o espazo público para as máis cativas e cativos.
Por iso o Servizo de Mobilidade está a impulsar o plan "Camiña á escola!", no que se redactan proxectos e plans de dinamización de ámbitos escolares seguros na rede de estradas provinciais da provincia de Pontevedra.
Este plan persegue que as e os escolares poidan desprazarse sós desde as súas casas ao centro educativo correspondente, a través de prácticas de mobilidade máis sustentables que as actuais e coa promoción da autonomía e responsabilidade das rapazas e rapaces.
O obxectivo da Deputación é contar coa colaboración dos concellos, máximos coñecedores das realidades sociais de cada territorio e comprometidos coa infancia –especialmente aqueles adheridos á rede de Cidades dos Nenos e das Nenas–, de policías locais, de representantes de centros educativos públicos e de asociacións de nais e pais de escolas e institutos que se atopen nunha área de influencia de menos de 200 metros dunha estrada provincial.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
- Bases (BOPPO 09/05/2018)
- Extracto da convocatoria (BOPPO 10/05/2018)
- Formulario de solicitude
- Anexo I
- Anexo II
- Anexo III
- Anexo IV
- Prescripcións técnicas particulares (pdf)
- Materiais de uso coa comunidade educativa (pdf)
- Instruccións de redacción de proxectos de camiños escolares seguros (pdf)
- Camiño escolar paso a paso (DXT)
- Camiños escolares seguros nas estradas da provincia
Última modificación: xoves, 13 decembro 2018