Plan Concellos 2017
- Bases (BOPPO 30/12/2016)
- Extracto do pleno no que se aproban as bases (BOPPO 02/01/2017)
- Modificación da base reguladora nº 14 (BOPPO 21/11/2017)
- Acordo do pleno para a modificación da base reguladora nº 14 (BOPPO 13/12/2017)
- Aprobación de prórroga (BOPPO 10/12/2018)
- Cartel de obra
O Plan Concellos 2017 presenta varias novidades nesta edición: por unha banda, conta con 1,2 millóns máis que en 2016 (achegarase aos 41,2 millóns de euros), un 3 % máis; pola outra, aumenta a autonomía dos concellos á hora de decidiren as súas prioridades de investimento e, ao mesmo tempo, prima as axudas aos concellos máis pequenos da provincia de Pontevedra.
Esta nova edición mantén a liña de impulso da xestión municipal; promoverá o desenvolvemento económico e a creación de emprego como bases fundamentais para o seu crecemento.
Establécese así unha nova repartición dos 41.200.000 millóns de euros cos que contará en 2017. Os concellos de menos de dez mil habitantes disporán de 18,2 millóns de euros; os comprendidos entre os dez mil e vinte mil habitantes contarán con 14,1 millóns; e os de máis de vinte mil disporán de 8,9 millóns de euros.
Concellos | Importe 2016 | Importe 2017 | % |
---|---|---|---|
De 1 a 10.000 habitantes | 17.333.333 € | 18.200.000 € | 5 % |
De 10.001 a 20.000 habitantes | 13.600.000 € | 14.100.000 € | 3,7 % |
De 20.001 a 50.000 habitantes | 9.066.667 € | 8.900.000 € | -1,8 % |
Total | 40.000.000 € | 41.200.000 € | 3 % |
As cantidades entre os tres grupos repártense nunha parte fixa e outra variable. A parte fixa ascende ao 40 % do Plan e a variable ao 60 % restante. Mentres que en 2016 se priorizou o financiamento dos concellos máis pequenos coa introdución de criterios que corrixían as diferenzas poboacionais e espaciais, primando a necesidade de atención aos núcleos de poboación, para o próximo ano engádese ao cálculo de repartición o peso da variable da densidade poboacional, co que se permitirá aínda un maior achegamento ás singularidades de cada un dos concellos.
O Plan Concellos 2017 simplifica as catro liñas de actuación da edición de 2016 en só tres. A liña 1, dedicada a investimentos, representa un 62,5 % do total do Plan; está dotada de 25.750.000 euros, fronte aos 25 millóns de 2016. A liña 2, dedicada a amortización, pago de débeda e gasto corrente, representa un 15 % do total, 6.180.000 euros. A liña 3, destinada a emprego, supón o 22,5 % do total e conta con 9.270.000 euros.
REPARTICIÓN DO PLAN CONCELLOS 2017 POR COMARCAS (pdf)
Subvenciones concedidas
- Do 01/09/2017 ao 31/10/2017 (BOPPO 09/11/2017)
- Do 01/06/2017 ao 31/08/2017 (BOPPO 15/09/2017)
- Do 04/03/2017 ao 31/05/2017 (BOPPO 14/06/2017)
- Do 01/01/2017 ao 03/03/2017 (BOPPO 20/03/2017)
- Do 01/01/2018 ao 26/03/2018 (BOPPO 05/04/2018)
- Do 27/03/2018 ao 29/06/2018 (BOPPO 17/07/2018)
- Do 01/07/2018 ao 30/09/2018 (BOPPO 11/10/2018)
- Do 01/10/2018 ao 31/12/2018 (BOPPO 18/01/2019)
- Do 01/01/2019 ao 29/03/2019 (BOPPO 05/04/2019)
- Do 01/10/2019 ao 31/10/2019 (BOPPO 08/11/2019)
Última modificación: martes, 14 xaneiro 2020