Plan Concellos 2018-2019
- Bases (BOPPO 03/01/2018)
- Extracto do acordo do pleno (BOPPO 04/01/2017)
- Prórroga da anualidade 2019 do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018-2019 (BOPPO 02/10/2020)
- Manual carteis
Convocatoria complementaria do Plan Concellos 2019 Liñas 2 e 3
O prazo de presentación de solicitudes do Plan Concellos 2019 (liñas 2 e 3) é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.
- Bases (BOPPO 18/12/2018)
- Extracto do acordo da convocatoria (BOPPO 18/12/2018)
A presentación realizarase de xeito telemático a través da sede electrónica da Deputación, https://sede.depo.gal
A Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos da provincia en 2018 un investimento histórico de 72 millóns de euros, o que representa un incremento do 75 % con respecto ao ano 2017. Destes, 42 millóns corresponden ao Plan Concellos 2018 e os outros 30 millóns proceden do plan 2019.
A principal novidade do Plan Concellos 2018 é que se trata dun plan bianual. Así, pon a disposición dos concellos un total de 72 millóns de euros, dos cales 42 millóns corresponden ao 2018 e 30 millóns á liña 1 do plan de 2019. O obxectivo do adianto do 2019 é dar resposta ás necesidades dos concellos ante a vaga de lumes sufrida en outubro de 2017. Deste xeito, serán subvencionables a recuperación de infraestruturas, equipamentos e outros bens de titularidade municipal por danos causados polos incendios.
O Plan Concellos 2018-2019 está destinado a todos os concellos da provincia, agás os de Vigo e Pontevedra, cos que a Deputación asina convenios propios para financiar as actuacións que precisen. A distribución dos fondos entre os concellos calcúlase aplicando criterios transparentes que teñen en conta a poboación, a superficie, os núcleos de poboación e a densidade de cada municipio.
Tres liñas de axuda
O plan bianual conta, ao igual que o do ano pasado, con tres liñas financiadas con fondos propios da Deputación de Pontevedra. A primeira delas está destinada a investimentos e conta con 28.501.200 euros, é dicir, un 10,7 % máis que en 2017, aos que hai que engadir os 30 millóns de euros da liña 1 do Plan Concellos 2019. En total, esta liña pon a disposición dos concellos 58.501.200 euros.
A liña 2 está centrada na amortización, pagamento de débedas e gastos correntes e no financiamento de actos culturais, sociais, deportivos e educativos, e está dotada con preto de 4 millóns de euros.
Pola súa banda, a liña 3 está destinada ao fomento do emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais, e conta con 9.540.000 euros, un 2,5 % máis que en 2017.
Criterios obxectivos
A distribución dos fondos do Plan Concellos efectúase aplicando unhas bases obxectivas que benefician os pequenos municipios e eliminan a discrecionalidade e a libre disposición.
Así, establécense tres grupos de concellos: o grupo 1 está integrado por concellos de ata 10.000 habitantes, que reciben o 44 % do plan, é dicir, 36.680.000 euros; o grupo 2 está composto polos concellos de entre 10.001 e 20.000 habitantes, que reciben o 34 % do plan, 24.480.000 euros; e o grupo 3 polos concellos de entre 20.001 e 50.000 habitantes, que reciben o 22 % dos recursos, é dicir, 15.840.000 euros.
A maiores dos 72 millóns de euros do Plan Concellos bianual, a Deputación destinará aos municipios ata 2019 outros 18 millóns de euros do Plan de Reequilibrio e outros 14 millóns para convenios con Vigo e Pontevedra, aos que se suman as partidas de programas específicos destinados á mellora do monte ou á compostaxe. En total, a institución provincial inxectará 110 millóns de euros para dotar os concellos dos máximos recursos.
Subvencións concedidas
Última modificación: mércores, 13 xaneiro 2021