Plan provincial de obras e servizos (Plan Concellos) 2020
Co obxecto de continuar co labor integrador territorial nos concellos da provincia, e tras a experiencia dos últimos anos na execución do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra vai financiar un plan das mesmas características destinado a cubrir as necesidades dos municipios en infraestruturas, emprego e servizos para cumprir o mandato contido no artigo 36.2.a da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, que regula a obriga das deputacións provinciais de aprobar anualmente un plan provincial de cooperación coas obras e servizos de competencia municipal.
Polo tanto, é obxecto do Plan Concellos 2020 canalizar a actividade de fomento da Deputación de Pontevedra, constituíndo unha finalidade instrumental e específica da actividade subvencional e respectando os valores democráticos e os principios de autonomía, cooperación, coordinación e eficacia.
O Plan Concellos 2020 ten tres liñas de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas aos concellos da provincia:
Unha primeira liña, que lles permita aos concellos a execución de investimentos en obras, servizos e equipamentos municipais. Os investimentos serán as obras, as subministracións de competencia municipal, a adquisición de bens inmobles e a propiedade inmaterial (planeamento urbanístico e estudos de planificación estratéxica) para actividades e servizos que sexan de competencia municipal de acordo co establecido nos artigos 25 e 26 da LRBRL en función das necesidades e peculiaridades de cada concello.
Unha segunda liña, que lles permita aos concellos cumprir coas súas obrigas económicas e co financiamento de actos culturais, deportivos, sociais etc. Para tal efecto, o Concello, se o estima procedente, poderá destinar parte da cantidade asignada no plan a reducir o endebedamento que teña cos seus provedores/acredores ou coas entidades financeiras e ao financiamento de gasto corrente previsto para o exercicio 2020. Poderán financiarse os gastos de funcionamento dos servizos de subministración da auga, rede de sumidoiros, limpeza viaria, recollida do lixo, iluminación pública, mantemento e reparación dos accesos a núcleos de poboación, mantemento e reparación de parques públicos e aqueloutros que estean directamente asociados ao funcionamento dos servizos municipais. Tamén poderán ser obxecto de subvención os gastos derivados da organización e da realización de actividades culturais, deportivas, sociais, educativas etc.
E unha terceira liña destinada ao fomento do emprego. O plan permite que os concellos destinen unha parte da cantidade que lles corresponde á prestación de servizos de competencia municipal de forma directa por medio da contratación de persoal desempregado inscrito no Servizo Público de Emprego, sempre respectando a preferencia na contratación dos colectivos máis desfavorecidos e a debida adecuación salarial á cualificación profesional dos postos que se van cubrir, co límite mínimo do salario mínimo interprofesional que estea vixente en cada momento.
Dentro do marco flexible do Plan Concellos 2020, a elección da actividade subvencionable correspóndelles aos concellos, así como a súa execución e adecuada xustificación cumprindo cos requisitos establecidos na normativa xeral e autonómica reguladora das subvencións públicas.
Subvencións concedidas
Última modificación: mércores, 13 xaneiro 2021
-
A Deputación de Pontevedra leva o saneamento a unha ducia de lugares de Valga e financia a pavimentación de máis de 15 km de camiños municipais
17 de decembro de 2020 -
A Deputación de Pontevedra aproba novos investimentos por 1 millón de euros para seis municipios ao abeiro do Plan Concellos
13 de decembro de 2020 -
A Deputación de Pontevedra financia a pavimentación doutros 20 km de pistas rurais no concello da Estrada cun investimento de 900.000 euros
11 de decembro de 2020 -
A Deputación de Pontevedra financia o arranxo da cuberta do auditorio de Lalín e a pavimentación de case 7 quilómetros de camiños rurais
09 de decembro de 2020 -
A Deputación de Pontevedra destina preto de dous millóns de euros a concellos da provincia
06 de decembro de 2020 -
A Deputación de Pontevedra transforma o núcleo de Dena, en Meaño, con novos equipamentos para a mellora da calidade urbana e "de espazos públicos para a xente"
03 de decembro de 2020 -
O Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este venres recursos, por case 2,7 millóns de euros, para cinco concellos da provincia
26 de novembro de 2020 -
A Deputación de Pontevedra destina máis dun millón de euros en recursos para outros catro concellos da provincia
22 de novembro de 2020 -
A Deputación de Pontevedra destina máis de 1,2 millóns de euros en recursos para outros sete concellos da provincia
07 de novembro de 2020