Descarga de Documentación

Deberedes descargar a documentación, que teredes que asinar e entregar na Deputación segundo as indicacións deste documento.

A documentación para entregar asinada é:

  • Comunicación da persoa candidata seleccionada e do centro de destino elixido por esta para a realización das prácticas (3 copias)
  • Declaración de confidencialidade (2 copias)
  • Declaracións da persoa bolseira (2 copias)
  • Prevención de riscos laborais (1 copia)
  • Modelo 145 do IRPF (2 copias)

Ademáis deberedes traer:

  • Unha fotocopia da tarxeta da Seguridade Social (en caso de non ter número da Seguridade Social propio deberedes acudir á Tesouraría da Seguridade Social a solicitalo)
  • Certificado do número da conta bancaria no que figure que sodes titulares desta
  • Certificado de discapacidade, no seu caso

Os días 19 e 20 de xuño as persoas candidatas seleccionadas como bolseiras titulares estades convocadas na Deputación de Pontevedra para a recollida da documentación e a asignación de cita para o recoñecemento médico obrigatorio, da seguinte maneira:

Lugar da convocatoria: salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra (avenida de Montero Ríos, s/n, Pontevedra

19 de xuño

Hora

Persoas convocadas

9:00

Persoas seleccionadas do expediente 2018C001 ao 2018C002

9:45

Persoas seleccionadas do expediente 2018C004 ao 2018C053

10:45

Persoas seleccionadas do expediente 2018C056 ao 2018C066

20 de xuño

Hora

Persoas convocadas

9:00

Persoas seleccionadas do expediente 2018C067 ao 2018C095

9:45

Persoas seleccionadas do expediente 2018C098 ao 2018C115

10:30

Persoas seleccionadas do expediente 2018C117 ao 2018C124

 

Datos de acceso

Para termos a seguridade de que es unha persoa real, introduce as letras do código Captcha no campo de texto e, a continuación, fai clic en Enviar