Plan de Práctica Laboral en empresas 2018
A Deputación de Pontevedra pon en marcha o Plan de práctica laboral en colaboración coas empresas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra para 2018.
Distribúense 400 bolsas de práctica laboral co obxecto de que mozas e mozos con titulación universitaria ou de formación profesional de ciclo superior, sen experiencia laboral previa, poidan completar a súa formación académica en áreas de coñecemento ou actividades que axuden á súa futura incorporación ao mercado de traballo. Para iso seleccionaranse as empresas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra máis capacitadas, que deberán comprometerse a facilitar a realización da práctica laboral no seu centro de traballo e a desenvolver un proxecto ou programa formativo que lles permita ás bolseiras e bolseiros exercer competencias e colaborar no desenvolvemento de actividades profesionais que faciliten a súa empregabilidade.
O prazo de presentación de solicitudes é do 10 ao 29 de maio de 2018.
- Bases (BOPPO 09/05/2018)
- Preguntas frecuentes (pdf)
-
RP. aprobando a lista provisional (11/09/2018)
- Grupo 1. Empresas admitidas (11/09/2018)
- Grupo 1. Empresas excluídas (11/09/2018)
- Grupo 2. Entidades admitidas (11/09/2018)
- Grupo 2. Entidades excluídas (11/09/2018)
- Empresas non preferentes por non manifestar compromiso de contratación (11/09/2018)
- Empresas/entidades que no son obxecto da convocatoria (11/09/2018)
-
RP. aprobando a lista definitiva (22/10/2018)
- Grupo 1. Empresas admitidas (22/10/2018)
- Grupo 1. Empresas excluídas (22/10/2018)
- Grupo 2. Entidades admitidas (22/10/2018)
- Grupo 2. Entidades excluídas (22/10/2018)
- Empresas non preferentes por non manifestar compromiso de contratación (22/10/2018)
- Empresas/entidades que non son obxecto da convocatoria (22/10/2018)
Documentación que se debe presentar co formulario de solicitude:
- Copia compulsada da tarxeta de identificación fiscal
- Para as empresas ou entidades que estean obrigadas a inscribirse no Rexistro Mercantil, nota simple informativa do Rexistro Mercantil referente aos datos actualizados sobre a denominación social, domicilio social, obxecto social e órganos de administración da entidade
- Para as demais entidades, corporacións sectoriais (colexios profesionais, cámaras oficiais, confrarías, comunidades e federacións deportivas) ou organizacións non gobernamentais (asociacións sen ánimo de lucro), certificado de inscrición no rexistro público correspondente xunto cunha certificación do secretario da entidade na que se especifiquen a denominación, domicilio, obxecto e órganos de administración da entidade
- No caso de persoas traballadoras autónomas, copia da alta no imposto de actividades económicas (IAE) ou en Facenda (modelo 036)
- Proxecto da práctica laboral que se desenvolverá, no que se especificarán o perfil das persoas bolseiras (titulación universitaria ou de ciclo superior de FP), o contido das tarefas obxecto de realización pola persoa bolseira solicitada, centro de traballo, departamento, equipo de traballo, horario, sistemas de titorías da formación práctica e criterios de avaliación para comprobar os resultados da aprendizaxe e a adquisición de competencias profesionais
- Identificación do persoal técnico da entidade que actuará como persoa titora e que se encargará da formación práctica e da supervisión e apoio técnico á persoa bolseira, así como da distribución e avaliación das tarefas que se lle encomenden. Acreditarase a súa cualificación para levar a cabo o labor de titorización mediante a presentación de documento xustificativo (copia da titulación, contrato de traballo ou cargo na empresa, que deberá estar relacionado co obxecto da bolsa)
- Aquelas entidades que fosen seleccionadas no Plan de práctica laboral 2016 e que manifestasen o seu compromiso de contratación coa persoa bolseira adxudicada deberán presentar a documentación que acredite a relación contractual establecida, que nunca poderá ser por un período inferior a un mes e a duración da xornada laboral nunca poderá ser inferior ao 50 % da xornada laboral prevista no convenio colectivo correspondente
- Declaración responsable de asumir o compromiso de non extinguir contratos laborais vixentes de persoal coa mesma titulación ou que ocupe postos similares
- Declaración responsable de non ter despedido de forma improcedente a ningún membro do persoal da entidade correspondente da mesma titulación ou que ocupe postos similares nos seis meses anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes
-
Declaración responsable de manter os requisitos esixidos nas bases durante o período de vixencia da bolsa; deberá informar de calquera variación das circunstancias a Deputación de Pontevedra
As declaracións responsables inclúense no modelo de solicitude
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes farase pública na web da Deputación a relación provisional das entidades admitidas e das excluídas nesta convocatoria, e indicaranse, en cada caso, os motivos da exclusión. As entidades excluídas disporán dun prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da mencionada lista, para emendar os motivos de exclusión.
Última modificación: luns, 22 outubro 2018