Plan Revitaliza

Plan Revitaliza

O Plan Revitaliza, iniciado en 2015, pretende impulsar un modelo de residuos baseado na compostaxe e no tratamento a quilómetro cero dos biorresiduos municipais. A súa razón de ser é que os concellos da provincia cumpran os obxectivos fixados na normativa europea, estatal e autonómica en canto a porcentaxes de residuos orgánicos recollidos e aproveitados.

Apóstase pola compostaxe como modelo de xestión global, tratando os residuos orgánicos a través de centros de autocompostaxe comunitaria, de autocompostaxe individual e plantas comarcais.

O Plan Revitaliza da Deputación conta cun cadro de persoal propio formado por técnicas e técnicos de residuos especializados en compostaxe e técnicas e técnicos económicos, que son as persoas responsables de asesorar os concellos da provincia e redactar os plans municipais de residuos para aplicar a compostaxe como sistema de xestión do lixo en cada concello.

As mestras e mestres composteiros (MECOS) son o persoal que, no día a día, vixía que a compostaxe se faga correctamente nos centros de compostaxe comunitaria (CCC) e asesora as e os usuarios de composteiros individuais.

Última modificación: xoves, 21 xaneiro 2021