Turismo

Plans e estratexia turística

O modelo turístico da Deputación de Pontevedra baséase na promoción equilibrada do territorio, na calidade e na sostibilidade ambiental. Todas as accións defínense sobre tres piares: unha exhaustiva análise da provincia, dos recursos e das demandas e necesidades do sector; a definición das prioridades e da estratexia que se debe seguir para un desenvolvemento turístico ordenado e sostible; e unha planificación detallada.

A institución conta cun Plan estratéxico de turismo que marca a folla de ruta a curto e medio prazo, e dispón tamén dun Plan de reactivación para definir novas estratexias e establecer medidas ante o cambio de escenario que supuxo a aparición da COVID-19. Ademais, promoveu un Plan de impulso da sostibilidade coa finalidade de encadrar a acción turística nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. Xunto a estes documentos marco, a Deputación elabora estudos e plans específicos para impulsar produtos turísticos de interese para o territorio, como é o caso dos Festivais Rías Baixas. 

Plan estratéxico 2017-2020

Plan de Reactivación Turismo Rías Baixas

Plan de impulso da sostibilidade do turismo na provincia de Pontevedra

Plan de Xestión do Turismo de Festivais de Música da Provincia de Pontevedra

 

Última modificación: venres, 16 outubro 2020