Pleno

Atribucións do Pleno

O Pleno da Deputación está constituído polo presidente e os deputados. En calquera caso, correspóndelle ao Pleno:

a) Organizar a Deputación.

b) Aprobar as ordenanzas.

c) Aprobar e modificar os orzamentos, a disposición dos gastos, dentro dos límites da súa competencia, e aprobar provisionalmente as contas; todo isto de acordo co disposto na Lei reguladora das facendas locais.

d) Aprobar os plans de carácter provincial.

e) Controlar e fiscalizar os órganos de goberno.

f) Aprobar o cadro de persoal, a relación de postos de traballo, a fixación da contía das retribucións complementarias fixas e periódicas dos funcionarios e tamén o número e o réxime de persoal eventual.

g) A alteración da cualificación xurídica dos bens de dominio público.

h) O esbozo de conflitos de competencias a outras entidades locais e demais administracións públicas.

i) O exercicio das accións xudiciais e administrativas e a defensa da Corporación en materia de competencias plenarias.

j) A declaración de lesivos dos actos da Deputación.

k) A concentración das operacións de crédito cunha contía acumulada no exercicio económico que exceda do 10 % dos recursos ordinarios, excepto as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas supere en cada momento o 15 % dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior, de conformidade co disposto na Lei reguladora das facendas locais.

l) As contratacións e concesións de todo tipo, cando o seu importe supere o 10 % dos recursos ordinarios do orzamento e, en todo caso, o 1.000.000.000 de pesetas, así como os contratos e concesións plurianuais cunha duración inferior cando o seu importe acumulado supere a porcentaxe indicada, referida aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio e sempre que sexa superior á contía sinalada nesa letra (apartado redactado segundo a Lei 55/1999, de 29 de decembro).

m) Aprobar os proxectos de obra e de servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e cando aínda non estean previstos nos orzamentos.

n) Adquirir bens e dereitos cando o seu valor supere o 10 % dos recursos ordinarios do orzamento e, en todo caso, cando sexa superior a 500.000.000 de pesetas, así como os alleamentos patrimoniais nos seguintes supostos:

  • Aquelas atribucións que lle deban corresponder ao Pleno por esixir a súa aprobación unha maioría especial.
  • Cando, estando previstas no orzamento, superen a porcentaxe e a contía que se indican para as adquisicións de bens.

o) As demais que expresamente lle atribúan as leis (apartado redactado segundo a Lei 11/19999, de 21 de abril).

p) Perténcelle igualmente ao Pleno a votación sobre a moción de censura ao presidente e sobre a cuestión de confianza presentada por el mesmo, que se rexe polo disposto na lexislación electoral xeral (apartado redactado segundo a Lei 11/1999).

O Pleno pode delegar o exercicio das súas atribucións no presidente e na Comisión de Goberno, salvo as enunciadas no número 2, letras a), b), c), d), e), f), h), ñ) e número 3 deste artigo (apartado incorporado pola Lei 11/1999).

Última modificación: martes, 17 novembro 2015