Polígono industrial de Barro
O polígono de Barro é un conxunto industrial situado na confluencia entre os concellos de Barro e Meis e moi próximo á AP-9, na súa saída cara á AG-45 dirección Sanxenxo. En total conta con máis de 1.100.000 m² repartidos en tres ámbitos de actuación:
- SUI-1 Barro: 170.961 m2
- SRA Outeda-Curro: 490.737 m2
- SUI-2 Meis: 438.393 m2
A súa gran vantaxe competitiva é a situación: a 36 km do aeroporto de Peinador (Vigo), a 50 km do aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela), a 17 km do porto de Marín e a 15 km do porto de Vilagarcía de Arousa.
Coa creación deste polígono, a Deputación de Pontevedra pretende satisfacer a importante demanda de solo industrial na provincia, fundamentalmente no contorno das áreas urbanas, onde a súa carencia obstaculiza o desenvolvemento económico equilibrado. Neste contexto resultou prioritario crear parques de reserva empresarial para ampliar, deste xeito, o horizonte de oportunidades existentes e atraer investimentos empresariais que contribuísen ao incremento económico e, por extensión, aumentasen as oportunidades laborais e o grao de expresión social.
Unha vez adxudicadas e rematadas as obras de urbanización, póñense á disposición dos sectores empresariais que requiren solucións á carencia de solo industrial, en réxime de concorrencia, as 76 parcelas resultantes do proxecto de parcelamento sen interferir mediante a concesión de axudas que desvirtúen o interese público da actividade económica de promoción e xestión do solo industrial.
O polígono industrial de Barro inclúe entre as súas instalacións un viveiro de empresas, un centro de servizos e apoio empresarial e unha estación depuradora.
Última modificación: martes, 10 novembro 2020