Viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín

Centro de servizos e apoio empresarial

O centro de servizos e apoio empresarial do polígono de Barro atende as demandas das e dos emprendedores do viveiro, as das empresas que están en funcionamento no polígono e as das persoas alleas a el que se atopen pola zona ou se acheguen a algunha xestión ou á cafetería, ás salas de reunións e consulta, aos espazos coworking, ao FabLab ou ás oficinas de atención ao público.

O apoio, tanto en formación como en orientación e asesoramento, pode marcar a diferenza entre o éxito e o fracaso dun proxecto, e esta é a principal función deste espazo, que desde xullo de 2017 está á disposición das persoas emprendedoras da provincia.

Este centro está construído nunha parcela de 1.536 m² anexa ao viveiro de empresas e dispón dunha superficie útil de 1.200 m² distribuida en tres plantas.

A edificación componse de zona de servizos comúns e públicos e alberga na planta baixa a zona de control, a cafetería e o FabLab; na primeira planta o espazo coworking, unha sala multiusos e unha sala de reunións, e na planta baixo cuberta distribúense os cuartos necesarios para a utilización das instalacións.

Distribución da planta baixa e primera do Centro de servizos e apoio empresaria (pdf)